Ingreso de José Rivas Rey

O Prof. Dr. D. José Rivas Rey é Catedrático de Electromagnetismo na Universidade de Santiago. É membro destacado do grupo de investigación Magnetismo e Nanomateriais (Nanomag) e conta cun curriculum moi extenso e relevante no campo dos nanomateriais, en publicacións, patentes e outras actividades relacionadas. Foi Director do Laboratorio Ibérico Internacional de Nanomateriais, situado en Braga.

O solemne acto de ingreso terá lugar no Pazo de San Roque, en Santiago de Compostela, ás 19,00 horas.