Ingreso de Manuel Arturo López Quintela

Salón de Actos do Pazo de San Roque, San Roque nº 2, en Santiago de Compostela, as 7 da tarde.

O Prof. López Quintela licenciouse e doutorou en Química na Universidade de Santiago, na que actualmente é Catedrático, adscrito á área de Química Física. Entre os seus moitos méritos cabe destacar: Que nos anos posteriores ao seu doutoramento levou a cabo numerosas estancias en Universidades e Centros de investigación estranxeiros, especialmente en Alemaña, Xapón e Inglaterra; que é autor de 336 traballos de investigación; que participou nun gran número de proxectos de investigación nacionais e internacionais; que dirixiu 26 Teses de Doutoramento e que é autor de 21 patentes, 13 delas licenciadas para a súa explotación. A súa actividade de investigación, que se iniciou no campo da cinética química, foise orientando cara ao desenvolvemento e estudo de nanomateriais, campo no que actualmente é unha autentica autoridade recoñecida internacionalmente e no que promoveu a empresa spin-off Nanogap.