Ingreso de Senén Barro Ameneiro

Salón de Actos do Pazo de San Roque, San Roque nº 2, en Santiago de Compostela, as 7 da tarde.

O próximo día 14 de Outubro terá lugar no Pazo de San Roque, en Santiago de Compostela, o acto solemne de ingreso do Prof. Dr. D. Senén Barro Ameneiro como Académico Numerario da RAGC. O Prof. Senén Barro é Catedrático da USC na área de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial. Dirixe o grupo de investigación Sistemas Intelixentes  e é especialista en Intelixencia Artificial. O Prof. Barro Ameneiro foi Reitor da USC durante oito anos e actualmente é Presidente de Red Emprendia.