Apertura do Museo de Historia Natural Luis Iglesias

11/10/2014

O próximo día 21 abrirá as súas portas ao público o Museo de Historia Natural Luis Iglesias. O museo inaugura novas instalacións, tras un longo período de tempo no que  permaneceu pechado. É unha boa nova, que saludamos con ledicia, porque o Museo constitue un magnífico instrumento para divulgar o coñecemento no eido da  Historia Natural e suscitar o interese dos mozos respecto do mesmo. A RAGC rendu homenaxe ao Prof. Iglesias Iglesias en calidade de científico do ano 2013.