A investigación básica, cinsenta do sistema de I+D+i?

01/12/2014

A Investigación básica, a cinsenta que alimenta o sistema

Os expertos e as sociedades avanzadas saben moi ben que a clave para lograr un desenvolvemento sostible está hoxe na ciencia e a tecnoloxía, é dicir no coñecemento. Impulsar a ciencia e a tecnoloxía é o camiño obrigado para garantir un futuro próspero. Non o facer así supón unha gran miopía ou un egoísmo cortoplacista, que ao cabo pasará factura.

Nunha visión un pouco simplificada, o proceso comeza coa exploración das leis da natureza ata coñecelas e controlalas, proceso no que a investigación básica xoga o papel principal. A partir deste coñecemento e deste dominio, a imaxinación e a capacidade de invención dos científicos e dos técnicos intentan utilizar as leis para xerar novas aplicacións útiles. É esta parte do proceso a que corresponde á investigación aplicada.

Se nos recreamos na investigación básica, cousa que veu acontecendo en demasía, quedarémonos a medio camiño no noso peregrinar cara ao desenvolvemento sostible. Se pola contra queremos correr demasiado e nos dedicamos preferentemente ás aplicacións, tentación na que podemos estar a caer, converteremos á imprescindible investigación básica na cinsenta do sistema. Neste caso estariamos a matar a galiña dos ovos de ouro.

É fundamental levar a cabo un deseño equilibrado do sistema de I+D+ì.

Engadir un novo comentario