Aumento do tempo de vida útil dos alimentos envasados

Grupo de Polímeros / Luís Fernando Barral Losada
Universidade da Coruña

En films comerciais de polipropileno utilizados en envases de alimentos, modificouse a actividade antioxidante para conseguir aumentar o tempo de vida útil dos alimentos envasados. Desenvolvéronse distintos mecanismos que modifican a capacidade de retención e de difusión de compostos antioxidantes naturais incorporados ao filme, permitindo controlar no tempo a protección fronte a axentes oxidantes que deterioran os alimentos.