Ecoloxía e evolución de polimorfismos florais

Grupo de Ecoloxía e Evolución -Divulgare /Luis Navarro
Universidade de Vigo

En 1830, John Henslow introduciu ao seu discípulo Charles Darwin no fascinante mundo dos polimorfismos florais. Concretamente presentoulle o caso dalgunhas especies de plantas hermafroditas que teñen dúas formas florais que difiren na altura e disposición das estruturas sexuais femininas: os pistilos. Nunha forma floral, os estigmas encóntranse localizados por enriba das estruturas masculinas (os estames), mentres que na forma oposta, os estigmas se encontran localizados debaixo dos estames.

Tratar de descifrar a orixe e as consecuencias deste fascinante mecanismo reprodutivo que presentan algunhas especies de plantas contribuíu, sen dúbida, a modelar ese carácter curioso e crítico que levou ao mozo Darwin a formular anos máis tarde a súa hipótese da Selección Natural.
Dende entón, unha pléiade de investigadores seguen tratando de descifrar os misterios que rodean a este refinado mecanismo reprodutivo.
Neste vídeo explícase en que consiste a Heterostilia: un polimorfismo floral que atraeu a atención de Darwin ata o punto de que dedicou un libro ao seu estudo. No vídeo faise un repaso contestando ás preguntas de ¿Qué é?, ¿Para que serve? ¿Cómo se orixina? o ¿Cómo se pode estudar?
A heterostilia é un polimorfismo consistente na presenza de dous ou tres formas florais dentro dunha mesma especie de planta. As vantaxes deste sistema de reprodución, así como a súa orixe son temas de controversia científica. No vídeo explícanse as achegas que fixo neste tópico o Grupo de Ecoloxía e Evolución da Universidade de Vigo.

https://vimeo.com/59896968