Efecto da Inxestión de Alimento na Composición Microbiolóxica e Glucídica do Mucus Cutáneo dos Salmónidos

Maruxa Álvarez e Andrea Landeira-Dabarca. En colaboración con Carmen Sieiro e Pilar Molist
Grupo de Ecoloxía Evolutiva e da Conservación, UVigo. Col., Área de Microbioloxía e Histoloxía, Universidade de Vigo

A capa mucosa que rodea a pel dos peixes constitúe a primeira barreira contra patóxenos e infeccións. Este mucus está composto por unha serie de glicoproteínas que son producidas polas células caliciformes do peixe (mucocitos) e que teñen a súa orixe na súa dieta. Á súa vez, estes glicoconxugados son metabolizados por un conxunto de microorganismos que viven asociados á súa epiderme e que interveñen na función protectora deste tecido, establecendo cos peixes unha relación mutualista. Os estudos que levamos a cabo, demostraron que cambios na alimentación dos peixes provocan non só unha alteración na composición e abundancia da microbiota asociada ao mucus, se non tamén na cantidade e natureza glucídica das células que o segregan. Estas observacións revelan a importancia que poida ter a dieta dos peixes na vulnerabilidade a contraer infeccións por patóxenos oportunistas, e polo tanto en controlar os seus niveis de mortaldade, o cal é especialmente relevante no sector da acuicultura.