Identificación automática por RMN das uvas de orixen en viños brancos de Galicia con DOP

Manuel Martin Pastor, Técnico Superior de Investigación, Unidade RMN / Ricardo Riguera Vega, Catedrático de Química Orgánica
Universidade de Santiago

Para o análise dos viños é suficiente a realización dun só espectro de RMN protónico sobre un volume de 0,5 ml de viño e a súa posterior comparación automática cunha base de datos elaborada para o efecto a partir dun centenar de viños mono e plurivarietales, representativos das variedades albariño, godello, treixadura, palomino, así como loureiro, dona branca e torrontés. Cada tipo de uva deixa no espectro o seu "sinal dixital".

Espectro RMN protónico dun viño albariño monovarietal no que se sinalan algúns compostos identificdos. Zona 0 á 5ppm