Mellora xenética do castaño para obter plantas resistentes a tinta e o cancro

María Elena Corredoira Castro / Ana María Vieitez Martín
Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia, CSIC

Obtivéronse liñas embrioxénicas a partir de cortes de follas de brotes cultivados in vitro. Nestas liñas sobreexpresáronse os xenes CsTL1, que codifican unha proteína tipo taumatina e CsCh3, que codifican unha proteína tipo quitinasa, obténdose liñas transxénicas máis resistencia á tinta e ao cancro, respectivamente. Estas liñas non son transxénicas en sentido estrito, xa que se sobreexpresan xenes da propia especie.

Imaxen de estereomicroscopía dun embrión somático aillado dunha liña transxénica