A mimosa altera as condicións do solo

Grupo de ecofisioloxía vexetal: plantas invasoras
Facultade de Bioloxía - Universidade de Vigo


Un resultado fundamental da invasión vexetal é o impacto nas comunidades microbianas do solo e parámetros químicos. Estudamos o impacto de Acacia dealbata en solos de bosques mixtos e matogueiras. A hipótese de partida é que A. dealbata pode alterar a función da comunidade microbiana do solo e o perfil químico nos ecosistemas invadidos. Isto impediría a posterior recuperación do ecosistema, unha vez retirada a especie invasora. Os nosos resultados amosaron unha alteración da composición química do solo e da función da comunidade microbiana relacionada coa presenza de A. dealbata, o que probablemente conduce a unha aceleración da descomposición e taxas de mineralización.