A Dª. María Wonenburger Planelles, in memoriam

18/06/2014

Hai un par de días os medios difundían a triste noticia do falecemento de Dª. María Wonderburger Planelles na Coruña.

Nacida en Oleiros en 1927, a inexistencia dos estudos de Matemáticas na Universidade Galega levouna a desenvolver a súa vocación matemática na Universidade Central de Madrid e posteriormente a completar a súa formación na Universidade de Yale, onde acudiu cunha bolsa Fulbright para realizar a súa Tese Doutoral. Ao non encontrar as condicións axeitadas no seu país, decidiu irse fóra de España para desenvolver a súa actividade profesional. Primeiro a Canadá, exercendo a docencia e investigación maioritariamente na Universidade de Toronto e posteriormente a Estados Unidos, nas universidades de Búfalo e Indiana. A súa actividade investigadora desenvolveuse no ámbito do Algebra e dentro dela, con maior intensidade, en Teoría de Grupos, converténdose nunha Científica de prestixio internacional.

O pasado día 14 falecía na Coruña. Que descanse en paz. Para ela, o recordo agradecido e o recoñecemento desta Real Academia.