ADVANCELL, S.L.

ADVANCELL é unha empresa de biotecnoloxía creada no ano 2001, como resultado da fusión entre CellTec (spin-off do departamento de bioloxía celular da Universidade de Barcelona) e XenoTest (spin-off da unidade de hepatología experimental do Hospital Universitario La Fe de Valencia).

Posteriormente,  incorporanse ó seu accionariado a Universidade de Santiago de Compostela, como consecuencia da transferencia de tecnoloxía no ámbito da nanomedicina.

ADVANCELL dedicase ó desenvolvemento e aplicación da tecnoloxía celular in vitro, á investigación de principios activos, fármacos, cosméticos e biotecnolóxicos, así como a investigación de tecnoloxías existentes no ámbito académico en formato de plataformas útiles para a toma de decisións nas industrias diana (Plataforma ADMET, Biocompatibilidad, Cáncer, Inflamación, Skin Care, Biología de la piel)
 

A compañía conta na actualidade con 3 unidades de negocio:

  1. Advancell Alternative Testing: Ofrece modelos in vitro (sen empregar animales) basados en células con valor predictivo e regulatorio para evaluar a eficacia, seguridade e mecanismo de acción das novas moléculas.
  2. Advancell Nanosystems: Unidade especialista en nanomedicina, que emprega nanosistemas de polímeros naturais para mellorar a administración de fármacos e modular a súa biodisponibilidade. Está unidade  encóntrase localizada en Santiago de Compostela  baséase na explotación comercial dun conxunto de patentes que foron transferidas a Advancell por parte da Universidade de Santiago de Compostela.
  3. Advancell Therapeutics: Esta unidade dispón de tecnoloxías e compostos propios que proveñen do entorno académico, que desenvolve ata fases clínicas. A estratexia desta unidade de negocio  baséase en empregar compostos coñecidos con efectividade probada para unha determinada patoloxía, e buscar aplicacións ou vías de administración para outras doenzas.