
AZtecA Consulting de Enxeñería S.L foi a primeira EBT xurdida da Universidade de Vigo no ano 2005. A súa creación supuxo a transmisión ao mercado das capacidades e o saber facer desenvolvido polo Grupo de Enxeñería e Deseño (GED). Ofrece solucións innovadoras no campo da enxeñería e contribúe de forma efi ciente e responsable á mellora continua das capacidades competitivas dos seus clientes, baseándose no coñecemento e a experiencia acumulados en moitos anos de traballo e no uso de tecnoloxías avanzadas, entre as que destacan a metroloxía, a normalización o deseño e fabricación CAD/CAM e o análise e simulacións CAD/CAE.
Orixe: Grupo de Investigación de Enxeñería e Deseño (GED) da Universidade de Vigo
Inicio da actividade: 2005
Mercado e ámbito xeográfico:
AZtecA ofrece os seus servizos aos sectores do metal mecánico, da acuicultura, do naval e da náutica deportiva, ademais de formación. A maioría dos seus proxectos desenvólvense en Galicia, aínda que debemos destacar a participación en proxectos cunha rede de empresas iberoamericanas e o seguimento dun proxecto de enerxías renovables en Tinduf (Arxelia).
Liñas de Negocio:
- Proxectos de I+D+i, xestión de solicitudes e xustifi cacións, desenvolvemento dos propios proxectos.
- Proxectos de deseño industrial.
- Deseño e desenvolvemento de máquinas e útiles.
- Proxectos de enxeñería de produtos e de procesos.
- Proxectos e servizos de control dimensional.
- Conexión enxeñería-produción.
- Simulacións estruturais, dinámicas e fl uidodinámicas.
- Servizos de análise para avaliación e optimización de produtos.
- Servizos de informática á medida e desenvolvemento de aplicacións.
- Formación, cursos en colaboración, presenciais ou a distancia.
- Desenvolvemento de simuladores e outros programas para formación.