Goovent Technologies, SLNE

Goovent é un servizo web de procura e xestión de eventos.

Goovent ten como obxectivos crear un espazo común para que os usuarios poidan localizar, da forma máis rápida e sinxela posible, que eventos suceden no seu entorno, desde concertos musicais, ata exposicións, obras de teatro, acontecementos deportivos, e moito máis. E, doutra banda, ofrecer a organizadores e patrocinadores, un lugar crave no que poderán dar a máxima difusión aos seus eventos.

Factores como o deseño, a usabilidade, a sinxeleza, a tecnoloxía e a información de calidade e contrastada, entre outros, son a base de Goovent, o sitio dos eventos.