HELIONOVA, S.L.

HELIONOVA é unha empresa especializada no desenvolvemento de solucións eficientes de suministro enerxético.

Ofrecen un servizo chave en mán do deseño (estudo de viabilidade e proxectos), instalación (xestión de suministros e dirección técnica) e servizo post-venta (mantenemento e control de rendemento), grazas á combinación de enerxías renovables, deseño e enxeñaría adaptados ás necesidades dos clientes e a climatoloxía da zona con materiais e equipos de altas prestacións.
Dende a súa creación, a empresa realizou proxectos innovadores no campo das enerxías renovables e desenvolvemento de aplicacións e sistemas, en enerxía solar térmica, fotovoltaica e minieólica, así como sistemas de climatización de alta eficiencia enerxética e estudos enerxéticos integrais.
Na actualidade Helionova encóntrase localizada no Parque Empresarial Costa Vella, en Santiago de Compostela.