
Vixía System asiste aos seus clientes na adaptación das súas necesidades de coñecemento do medio mediante proxectos de desenvolvemento, utilizando sensores aéreos e espaciais, modelos preditivos, algoritmos de intelixencia artifi cial, topografía e modelos de circulación e xestión de recursos. Para levar a cabo este cometido, Vixia conta coa experiencia previa do grupo de investigación aplicada, así como con ferramentas de xestión e modelado de parámetros ambientais, redes neuronais e sistemas difusos, modelos baseados en casos e experiencias adquiridas en anos de proxectos de investigación aplicada.
Orixe: Laboratorio de Teledetección e GIS
Inicio da actividade: 2007
Mercado e ámbito xeográfico: Vixia presta os seus servizos aos seguintes sectores:
- Pesqueiro (a nivel mundial).
- Medio Ambiente (a nivel nacional).
- GIS (a nivel nacional).
- Calidade das augas (a nivel galego).
Liñas de Negocio:
- Modelos de sustentabilidade e impacto ambiental.
- Xestión pesqueira.
- Monitorización e modelado de verquidos.
- Calidade de augas.