A Académica Alicia Estévez, comprometida co estímulo de vocacións científicas desde a igualdade

29/04/2019

A académica Alicia Estévez Toranzo colaborou no proxecto “NIN + NIN -, IGUAIS’, promovido pola Secretaría Xeral da igualdade da Xunta de Galicia, que busca achegar o exemplo de mulleres galegas senlleiras aos alumnos da ESO en centros educativos de Galicia. A académica participou os días 24 e 26 de abril no CPI Santa Lucía de Moraña e no IES do Milladoiro, estimulando no alumnado as vocacións científico-tecnolóxicas desde a perspectiva da igualdade.