A Académica Alicia Estévez Toranzo Premio Wonenburger 2018

02/12/2018

A Profa. Dra. Da. Alicia Estévez Toranzo, Académica Numeraria desta Real Academia e Catedrática de Microbioloxía na Universidade de Santiago, recibirá mañá o Premio Wonenburger 2018. Licenciada en Bioloxía e Farmacia e especializada nas universidades norteamericanas de Maryland e Oregón, dirixe con gran éxito o Grupo de Patoloxía en Acuicultura da Universidade de Santiago (un dos grupos de referencia competitiva de Galicia). A RAGC celebra con gran satisfacción a concesión deste galardón á Académica Estevez Toranzo, á que fai chegar a súa felicitación máis sincera.