Apertura do curso 2017 e entrega dos Premios Ernesto Vieitez 2016 na RAGC

13/01/2017

O vindeiro mércores, día 18, a RAGC celebra o acto solemne de Apertura do Curso Académico 2017. Tras a lectura dunha Memoria resumen das actividades da Academia por parte do Secretario da mesma, o Académico Prof.  Dr. D. Pedro Merino Gómez pronunciará a tradicional Lección Maxistral. Posteriormente procederase á entrega dos Premios de Investigación Ernesto Viéitez 2016, nas súas dúas versións, para investigadores senior e para investigadores mozos. Clausurará o acto o Presidente da Academia, Miguel Ángel Ríos. A celebración terá lugar no Pazo de San Roque, San Roque, 2, en Santiago de Compostela, ás 7 da tarde. Se estás interesado na comunicación social da Ciencia, asiste a este solemne acto.