Asiste a entrega dos I Premios á Transferencia de Tecnoloxía 2015

11/01/2016

Asiste á entrega dos I Premios á Transferencia de Tecnoloxía 2015

O próximo Mércores, día 13, terá lugar o solemne acto de entrega dos I Premios á Transferencia de Tecnoloxía. Será ás 7 do serán, no Pazo de San Roque, San Roque 2, en Santiago de Compostela. Está prevista a asistencia do Conselleiro de Economía, Emprego e Industria, da Conselleira do Mar e do Reitor da USC, entre outras autoridades. A túa presenza é importante.