08/09/2017
O próximo día 24 de Setembro, a Comunidade de Montes Veciñais de Camposancos renderá homenaxe ao Pai Baltasar Merino en recoñecemento dos seus méritos, con motivo do centenario da súa morte e da súa designación pola RAGC como Científico Galego do ano 2017. No acto homenaxe, no que a RAGC foi convidada a participar, dedicaráselle un Parque, na zona de Chans, no monte Santa Trega.