Centenario do pasamento do "Padre Merino", Científico Galego 2017

28/06/2017

Coincidindo co pasamento de Baltasar Merino y Román, S.J. (3 de xullo de1917), o Centro de Investigación Forestal de Lourizán quere colaborar co nomeamento do mesmo como Centífico Galego do ano 2017 pola Real Academia Galega de Ciencias. O ´Padre Merino´, tal como é máis coñecido, escribiu a única flora da nosa terra, titulada Flora Descriptiva e Ilustrada de Galicia (1905-1909),e recolectou un total de úns 17.000 pregos de herbario, dos que algo máis de 12.000 atópanse no Herbario LOU do Centro de Investigación Forestal de Lourizán. Nestas conferencias que componen a Xornada, queremos lembrar non só o seu traballo botánico, senón tamén outros aspectos da súa vida e obra, e a implicación que tiveron os seus estudos e de descobremento, máis alo do simple coñecemento científico. ACTO DE INAUGURACIÓN. 10:00 h D. Tomás Fernández-Couto Juanas, director xeral de Ordenación Forestal da Consellería do Medio Rural D. Miguel A. Ríos, Fernández, Presidente da Real Academia Galega de Ciencias D. Pedro Armada y Díez de Rivera S.J., de la Societas Jesu en Galicia D. Enrique Martínez Chamorro, director do Centro de Investigación Forestal de Lourizán D. Francisco Javier Silva Pando, xefe do Departamento de Ecosistemas Forestais RELATORIOS 10:30 h. Francisco Javier Silva Pando – Xefe do Departamento de Ecosistemas Forestais do CIF Lourizán Vida e obra de Baltasar Merino. Fitos biográficos de Merino e orixe da súa formación como investigador. Obras publicadas e resumo de resultados. 11:00 h. Francisco Díaz-Fierros Viqueira. Catedrático de Edafoloxía e Química Agrícola. Universidade de Santiago de Compostela. O Pai Merino como meteorólogo e ecólogo. Traballos realizados no Observatorio Meteorolóxico de Camposancos e recomendacións sobre o seu uso. As relacións meteoroloxía- flora. 11:30 h. Manuel Laínz Gallo. El Padre Merino en su circunstancia investigadora (1966) de Manuel Laínz Gallo, S.J., leído por F. Javier Silva Pando. 12:00 h. Descanso y café 12.30 h. Javier Amigo Vázquez. Profesor titular do Departamento de Botánica, Universidade de Santiago de Compostela. O P. Baltasar Merino e a xeobotánica galega. Máis alá da Flora de Galicia. Influencia de Merino sobre os botánicos que lle seguiron, no coñecemento da Flora e a Vexetación. 13:00 h. Rubén Pino Pérez. Investigador do Departamento de Bioloxía Vexetal e Ciencias do Solo. Universidade de Vigo. Os herbarios de Baltasar Merino. Xénese dos herbarios confeccionados por Merino ao longo da súa vida, ubicación e composición dos mesmos. Método de traballo.