Ciclo Luis Asorey García

14/11/2015

O próximo día 16 de Novembro, Luns, empeza o Ciclo de Conferencias Luis Asorey García, que este ano está dedicado a Biomasa Forestal e Bioenerxía en Galicia. As conferencias  celebraranse no Salón de actos da Deputación Provincial de Lugo, as 19,00h. A entrada é libre e os interesados están convidados a asistir. O Ciclo, organizado pola RAGC, está financiado pola Deputación de Lugo.