Ciclo Luis Asorey “INCENDIOS FORESTAIS E RECUPERACIÓN DE TERREOS QUEIMADOS EN GALICIA”

26/10/2018

Como froito dun convenio entre a Excma. Deputación Provincial de Lugo e a Real Academia Galega de Ciencias prográmase un novo curso de conferencias baixo o título:“INCENDIOS FORESTAIS E RECUPERACIÓN DE TERREOS QUEIMADOS EN GALICIA”, que se desenvolverá no Salón de Actos da Deputación Provincial lucense. (O día 20, martes, a conferencia impartirase no Salón de Actos da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría).
Os alumnos inscritos no curso e que xustifiquen a súa asistencia ao mesmo recibirán un diploma acreditativo.
A Real Academia Galega de Ciencias acordou dedicar este ciclo de conferencias á memoria do Dr. D. Luis Asorey García, prestixioso médico que desenvolveu a súa actividade profesional durante moitos anos na cidade de Lugo e que foi Académico, Secretario e Vicepresidente da mesma.

» Descargar díptico