Comeza o ciclo A Economía Circular: A primeira revolución do século XXI. Do 17 ao 20 as 19h na CEG, Rúa do Vilar, 54, Santiago

11/12/2018

OBXECTIVOS E DESTINATARIOS

O Ciclo ten como obxectivos definir, describir e analizar as implicacións que a Economía Circular ten a curto e medio prazo nas novas estratexias empresariais, afondando nos principios da filosofía do ciclo de vida que permita atinxir a meta última dun sistema socioeconómico de residuos “cero”.

Nesta meta compre integrar os mundos da investigación e o desenvolvemento, cunha formación de profesionais que permita afrontar con éxito os desafíos deste troco completo do sector produtivo.

O Curso vai dirixido ás empresas que queiran incorporar estas novas ideas na súa estratexia futura a curto e medio prazo e aos estudantes de Grao, Mestrado e Investigadores en Formación para fomentar o coñecemento e o emprendemento.

 

INSCRICIÓN

A inscrición será gratuita e farase vía telemática cumplimentando o formulario que aparecerá na web da Academia, www.ragc.gal. O prazo de inscrición estará aberto ata o 17 de decembro ás 13:00 horas.