Convocados os Premios de Investigación Ernesto Viéitez

08/04/2019

Os Premios de Investigación da Academia convócanse anualmente en dúas modalidades: Premio a un Traballo de Investigación científico-técnica realizado por investigadores consolidados e Premio dedicado á Promoción de Mozos Investigadores, a un traballo de investigación científico-técnica realizado por investigadores menores de 28 anos.

Os premios teñen como primeiro obxectivo o producir impacto na Sociedade galega e sensibilizala sobre o valor socioeconómico do coñecemento, á vez que recoñecer e estimular o traballo dos investigadores.

A partires do 28 de Xaneiro de 2014, os Premios de Investigación da Real Academia Galega de Ciencias chámanse Premios de Investigación Ernesto Viéitez, en recordo de quen fora segundo Presidente da Academia.

Máis información e bases en: 

https://www.ragc.gal/gl/gl/actividades/premios-de-investigacion