Día da Ciencia en Galicia 2015. Homenaxe a Ángeles Alvariño González

02/06/2015

O pasado día 1 de Xuño a Real Academia Galega de Ciencias celebrou o Día da Ciencia en Galicia, no que se rendiu sentida homenaxe a Ángeles Alvariño González, a primeira muller que recibe este recoñecemento. O Día da Ciencia en Galicia é unha celebración aberta a toda a Sociedad Galega, co propósito de facerlle chegar o interese polo coñecemento científico-técnico, según indicou o Presidente da RAGC, Miguel Ángel Ríos. A xa Científica Galega do ano 2015 constitue un magnífico exemplo de talento, de vocación científica, de dedicción ao traballo e de loita pola igualdade da muller no  ámbito científico técnico. Para esta bióloga e oceanógrafa insigne, unha vez máis o noso recoñecemento.  Ao acto, que estivo moi concorrido, asistiron numerosas autoridades e representacións. Dende o día 1 de Xuño, Ángeles Alvariño ten unha placa conmemorativa no Parque das Ciencias Isidro Parga Pondal.