Entrega do II Premio de Xornalismo Ccientífico

05/10/2017

Durante o acto do Día da Ciencia en Galicia, tivo lugar a entrega do Premio Galicia de Xornalismo Científico 2017 ao redactor de GCiencia Manuel Rey, pola reportaxe titulada “A ataxia SCA36, o mal sen cura da Costa da Morte”.

O Premio foi convocado en segunda edición pola RAGC coa colaboración da Consellería de Economía, Emprego e Industria. A Directora da Axencia Galega de Innovacion (GAIN), Patricia Argerey, entregou o premio, dotado con 4.000 euros ao galardoado,  que recibiu o Diploma de mans do  Presidente da RAGC.

Nesta parte do acto, despois da intervención do premiado, pronunciou unhas sentidas palabras a Presidenta da Asociación Galega de Ataxias.