Entrega dos IV Premios de Comnicación Contar a Ciencia

24/06/2017

O pasado martes tivo lugar a entrega dos Premios de Comunicación Contar a Ciencia, na súa IV edición. Os devanditos premios foron convocados pola RAGC baixo o patrocinio da Obra Social A Caixa, coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e da empresa Distribucións Primux e foron xestionados por GCiencia. Na presente edición o Primeiro premio correspondeu a Claudia Alonso (UVIGO), polo seu traballo "A Mediciña dous esquecidos"; os segundos premios foron para Mª Isabel Villamarín (CITIUS, USC) e Iago Santos (USC), polos seus respectivos traballos "Hipóteses para entender ao corazón" e "A lanzada: Historia baixo a area". O acto celebrouse no Pazo de San Roque, en Santiago e estivo presidido polo Presidente da RAGC e o Secretario Xeral de Universidades da Xunta de Galicia. Asistiron, ademais, representante de La Caixa, de Distribucións Primux e de GCiencia, outras autoridades, Académicos e diverso público.