Entrega dos Premios Contar a Ciencia - La Caixa na súa edición 2018

26/06/2018

O próximo xoves, 28, terá lugar o acto de entrega dos Premios Contar a Ciencia - La Caixa. En dito acto serán recoñecidos os finalistas cun diploma e os tres galardoados con premio e diploma:

D. Iago Grela, 3º clasificado (finalista), polo seu traballo Unha sociedade descorazonada.

Da. Paula Martínez Graña, 2ª  clasificada (finalista) polo seu  traballo  Os fármacos do futuro contra o cancro e a sida fanse en Santiago.

D. Iñigo Cainzos Achirica, 1º clasificado (gañador) Polo seu traballo Un reloxo para a independencia.

Ao acto, que terá lugar no  Pazo de San Roque (Santiago de Compostela) as 7 da tarde, está prevista a asistencia de diveras autoridades.