A Facultade de Química de Santiago acolle a celebración do Día de la Química 2017. Será o 15 de novembro as 12 horas.

30/10/2017

 O día 15 de novembro terá lugar en Santiago de Compostela a XV Celebración Oficial do Día de la Química 2017, unha efeméride organizada anualmente polo Foro Química e Sociedade e que nesta XV edición conta coa colaboración da Universidade de Santiago de Compostela, da Universidade da Coruña e da Universidade de Vigo, así como da Facultade de Química e do Centro de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares da Universidade de Santiago de Compostela e da Sección Autonómica de Galicia da Real Sociedade Española de Química.

O Día da Química 2017 contará coa participación de Luís M. Liz-Marzán, Profesor de Investigación Ikerbaske e Director Científico do CIC biomaGUNE, quen impartirá a conferencia: "Algunhas contribucións da química á nanotecnoloxía".

Os actos de celebración terán lugar no Salón de Actos Antonio Casares da Facultade de Química de Santiago e acollerán a entrega de distintos premios de recoñecemento profesional, científico e académico.