Homenaxe ao Pai Baltasar Merino, declarado Científico Galego 2017 pola RAGC

15/06/2017

Como homenaxe ao Pai Baltasar Merino, declarado Científico Galego 2017 pola RAGC con motivo do Día dá Ciencia en Galicia, a Asociación de Herbarios-Macaronésicos (A.H.I.M.) de Almería en colaboración co Centro Forestal de Lourizán, organizan a XXIII Campaña de Herborización da A.H.I.M., que terá lugar en Galicia do 19 ao 22 de Xuño. Nela participarán 47 botánicos das Universidades e Organismos Públicos de Investigación, procedentes de toda España, que farán un percorrido desde Melide a Monte Castelo, pasando por Ortigueira, Ortegal, Cedeira, Pontín, Doniños, Baldaio e Carballo. Os materiais serán cedidos aos herbarios públicos.