Homenaxe da Academia á directiva saínte

24/03/2019

Tras o Pleno da Academia celebrado no Pazo de San Roque o pasado día 22 de Marzo, a Academia celebrou un emotivo acto de homenaxe á directiva saínte para recoñecer o seu esforzo e entrega para levar á RAGC a ser considerada unha institución de prestixio, que realiza numerosas actividades en prol da Ciencia en Galicia e contribúe ao desenvolvemento socioeconómico do país. O Presidente saínte, Miguel Ángel Ríos, agradeceu aos presentes o seu apoio durante estes cinco anos no cargo, en especial, á súa Xunta Directiva e manifestou a súa disposición para seguir colaborando coa Academia alí onde llo necesite. Pola súa banda, o novo Presidente, Juan Lema, destacou que o Prof. Ríos e o seu equipo foran capaces, nun camiño non exento de dificultades, de converter unha entón apagada Academia nunha institución de referencia para Galicia, e de incorporar un nutrido grupo de novos académicos que agora recollían a testemuña para levar á RAGC aínda un paso máis aló.

O emotivo acto finalizou coa entrega dunhas placas conmemorativas aos directivos saíntes, por parte dos seus respectivos sucesores.