Hoxe ingresa na RAGC, como Académica numeraria, a Profa. Dra. Da. Pilar Bermejo.

09/05/2018

Hoxe, as 19,0 horas, terá lugar no  Pazo de San Roque (Santiago) o acto público de ingreso da Profa. Dra. Da. Pilar Bermejo. A nova Académica falará, no seu discurso, sobre "Importancia dos metais nas Ciencias da vida: Especiación de Elementos Traza e Metalómica". A contestación correrá a cargo do Académico Prof. Dr. D. Manuel Freire. Está prevista a asistencia dos Reitores das Universidades de Santiago e A Coruña e outras autoridades.