Hoxe ingresa na RAGC Da. Aída Fernández Ríos

18/06/2015

Hoxe, as 19,00 h., terá lugar, no  Pazo de San Roque de Santiago, o acto solemne de ingreso da Profra. Dra. Da. Aída Fernández Ríos como Académica Numeraria da Real Academia Galega de Ciencias.  Bióloga-Oceanógrafa e Profesora de Investigación no  Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC, situado na cidade de Vigo, é a terceira muller que ingresa na RAGC nos dos últimos anos. Ao acto asistirá o Reitor da USC, o Delegado do CSIC en Galicia,  o Vicepresidente do Consello da Cultura Galega e o Secretario Xeral da Consellería do Medio Rural e do Mar, entre outras autoridades.