I Premio Galicia de Xornalismo Científico

06/07/2016

A Real Academia Galega de Ciencias, coa colaboración da Axencia Galega de  Innovación, acaba de convocar a primeira edición do Premio Galicia de Xornalismo Científico.

A proposta debe consistir nunha peza xornalística de carácter informativo en formato escrito ou audiovisual publicada ou emitida entre o 1 de xullo de 2015 e o 30 de xuño de2016 en calquera medio galego (ou edición galega dun medio estatal): diarios dixitais ou en papel, radio ou televisión. Debe responder aos xéneros da noticia, a crónica ou a reportaxe (quedando excluídos expresamente as entrevistas e os artigos). Poderá ter como tema principal calquera aspecto relacionado coa ciencia desenvolvida en Galicia (achádegos, difusión do labor de grupos ou centros de investigación, posibles aplicacións dos resultados da investigación, casos de éxito de transferencia de resultados ao sector produtivo, etc).

Poderá concorrer a este premio calquera xornalista a título individual ou en equipo, que desenvolva a  súa actividade en medios de comunicación de Galicia ou en edicións galegas de medios estatais.

O premio está dotado con 4000 € netos e a convocatoria estará aberta ata o 5 de setembro as 13 horas.

Bases (pdf)