Mañá, Apertura de Curso e Entrega de Premios na Real Academia Galega de Ciencias

20/01/2015

Mañá, día 21, A Real Academia Galega de Ciencias inaugurará o Curso 2015 e procederá a  entrega dos Premios de Investigación Ernesto Vieitez 2014. O acto solemne terá lugar  as 19,00 horas nol Pazo de San Roque, rúa de San Roque 2, en Santiago de Compostela e contará coa asistencia do Conselleiro de Educación, os Reitores das tres Universidades e un bo número de Autoridades. A lección maxistral correrá a cargo do Académico D. Fernando Pérez González, da UVIGO e recibirán os Premios, D. José Castillo e os seus colaboradores D. Tomás Sobrino e D. Francisco Campos, no caso do Premio a un traballo de investigación, e D. Iago Bea no caso do Premio a  Promoción de novos investigadores.