Mañá ingresa na RAGC, como Académico Numerario, o Prof. Dr. D. Manuel Arturo López Quintela

14/02/2017

O acto terá lugar no Pazo de San Roque, San Roque 2, en Santiago de Compostela, ás 19 h.  O discurso de ingreso do novo académico da RAGC titúlase "Clústeres cuánticos de átomos: o último reduto da química por descubrir nos límites da nanotecnoloxía". Contestará o discurso o Académico Prof. Dr. D. Pedro Merino Gómez. Despois, recibirá a medalla de mans do presidente da RAGC, Miguel Ángel Ríos, e o diploma seralle entregado polo Reitor da USC, Juan Viaño. Ao acto está prevista tamén a asistencia do Presidente do Consello da Cultura Galega, do reitor da UDC, da Directora da Axencia Galega de Innovación, da Secretaria Xeral da UVIGO e da Decana da Facultade de Química da USC, entre outras autoridades.