Mañá ingresará na RAGC o Prof. Dr. D. Wenceslao González Manteiga

18/09/2018

Lembrase que mañá D. Wenceslao González Manteiga, catedrático de Estatística e Investigación Operativa da Universidade de Santiago de Compostela (USC), pronunciará o seu discurso de ingreso na RAGC e recibirá a súa medalla de mans do presidente da RAGC, D. Miguel Ángel Ríos, e o diploma de mans do reitor da USC, D. Antonio López.

Ao acto, que terá lugar as 7 do serán no Pazo de San Roque, en Santiago de Compostela, asistirán tamén, entre outras autoridades,  o reitor da Universidade da Coruña, D. Julio Abalde; o director do Instituto Galego de Estatística, D. José Antonio Campo Andión; o concelleiro de Educación e Cidadanía de Santiago de Compostela, D. Manuel Dios; e o comandante director da Escola Naval  Militarde Marín, D. Ignacio Cuartero.