Mañá ingresará na Real Academia Galega de Ciencias o Prof. Dr. D. Pedro Merino Gómez

05/05/2015

O acto solemne terá lugar as 19,00 h no  Salón de Actos do Pazo de San Roque, rúa San Roque, 2 en Santiago de Compostela. O novo Académico , Catedrático Emérito da Universidadede Vigo, pronunciará o seu discurso de ingreso sobre  "Las bases científicas de la revolución de los metales en el siglo XX. Una prospección tecnológica". O novo Académico recibirá o Diploma acreditativo e a Medalla da Institución de mans do Presidente da mesma, Prof. Miguel A. Ríos. Ao acto está prevista a asistencia do Reitor da Universidade de Vigo, do Vicepresidente do Consello da Cultura Galega, da Vicerreitora de Investigación da  Universidade de Santiago, do Director da Axencia Galega de Innovación e do Comandante Director da Escola Naval Militar de Marín, entre outras autoridades.