Mañá, Mércores, o Prof. Dr. D. Juán Manuel Lema Rodicio ingresará na RAGC como Académico Numerario

24/05/2016

Mañá mércores, día 25, o Prof. Dr. D. Juán Manuel Lema Rodicio ingresará na Real Academia Galega de Ciencias, como Académico numerario. No acto solemne que terá lugar ás 19,00 horas no Pazo de San Roque, en Santiago de Compostela, o ilustre investigador lerá o seu discurso de ingreso titulado Do Antropocentrismo ao Ecocentrismo ou da Enxeñaría sanitaria a Enxeñaría ambiental, ao que dará resposta o Académico Prof. Dr. D. Franco Fernández. Ao acto está prevista a asistencia dos Reitores das Universidades de Santiago,  A Coruña e Vigo, o Secretario Xeral de Universidades, o Vicepresidente do Consello da Cultura Galega, o Concelleiro de Educación do Concello de Santiago e outras autoridades.