No día de onte tivo lugar a inauguración do ciclo Avances en Ciencia e Tecnoloxía baixo o título A Economía Circular: A primeira revolución do século XXI

19/12/2018

O acto celebrouse nos locais da Confederación de Empresarios, na Rúa do Vilar e foi seguido polas dúas primeiras conferencias:

Accións da Xunta en materia de Economía Circular, a cargo de Da. Mari Cruz Ferreira Costa, Directora Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático da Xunta de Galicia, e
Do berce ao berce no ciclo de vida dos materiais, acargo de D. Gumersindo Feijoo Costa. Catedrático de Enxeñaría Química. Agrupación CRETUS, USC.

O ciclo está organizado pola RAGC coa colaboración da CEG, patrocinado pola Deputación da Coruña e coordinado polo Académico Prof. D. Juan Lema Rodicio