A nova directiva da RAGC toma posesión

13/02/2019

O día 23 de xaneiro de 2019 tomou posesión a nova directiva da Real Academia de Ciencias de Galicia elixida, por unanimidade, na sesión plenaria do 11 de decembro de
2018. A directiva, presidida polo Prof. Juan Manuel Lema Rodicio, está formada pola profesora Alicia Estévez Toranzo como Vicepresidenta, a Prof. Pilar Bermejo Barrera, como Secretaria e os Profesores Fernando Pérez González e Antón Álvarez Sousa como vogais.


No seu discurso, o novo Presidente plantexou os obxectivos de goberno para os vindeiros cinco anos, enmarcados na “Misión” e a “Visión” da RAGC, que pretenden dinamizar a vida da Real Academia, mediante accións dirixidas ás Sociedades Civil, Política-Administrativa, Científica e Educativa. Definiu, asemade, a dúas liñas estratéxicas nas que vanse enmarcar as accións a desenvolver: 1. Mellorar a presencia, impacto e recoñecemento da Ciencia e a Tecnoloxía na Sociedade Galega, e 2.- Estimular e difundir a Ciencia e a Tecnoloxía en Galicia.