A nova directiva visita o Consello da Cultura Galega

24/02/2019

A Presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez Blanco, recibiu a o Presidente e a Vicepresidenta da RACG o pasado xoves 21 de febreiro. Na reunión repasáronse diversos temas de colaboración, principalmente en relación ao Día da Ciencia en Galicia. O CGG asumirá a produción e edición da “unidade didáctica” correspondente ao Prof. D. Tomás Batuecas e a súa relación coa táboa periódica. Tamén se consideraron outras accións como a posible edición dun libro e a realización dunha exposición nas datas do Día da Ciencia en Galicia.