Novo ingreso na Real Academia Galega de Ciencias

08/06/2015

O próximo día 18 de Xuño a RAGC celebrará o acto solemne de ingreso como Académica Numeraria de Da. Aída Fernández Ríos. Terá lugar no Pazo de San Roque (Santiago) as 7 da tarde.

A Dra. Da. Aída Fernández Ríos é Profesora de Investigación no CSIC, con destino no Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo. É Bióloga Oceanógrafa e a súa investigación céntrase preferentemente no Sistema do Carbono. Participou nun elevado número de Campañas Oceanográficas, dirixiu  Teses Doutorais e participou en numerosos Proxectos de Investigación, incluíndo proxectos do Plan Nacionan e Europeos. O seu excelente curriculum científico complétase cunha longa lista de publicacións en revistas de prestixio. Ademais formou parte de numerosos Comités e Representacións internacionais.