Cada ano o 8 de outubro celébrase o Día da Ciencia en Galicia, lembrando o nacemento do profesor e ensaísta Padre Benito Jerónimo Feijóo Montenegro. Con tal motivo este ano lembrarase a ilustre figura do matemático e xeógrafo Domingo Fontán Rodríguez, declarado pola RAGC Científico Galego do ano 2018. Domingo Fontán conta entre os seus logros o de ser o autor da primeira Carta Xeométrica de Galicia que serviu, entre outras moitas cousas, para deseñar a primeira liña de ferrocarriles nesta comunidade.
O Colexio Compañía de María de Ferrol quérese unir, desde agora e nos anos sucesivos, a esta conmemoración da ciencia galega, dentro da súa Semana da Ciencia. Entre as actividades programadas que implican ao alumnado de todas as idades, pódense destacar: o desenvolvemento de unidades didácticas en diferentes áreas sobre a figura de Domingo Fontán, diversas charlas e unha mostra de experimentos científicos preparados polos alumnos e alumnas.
Coa X Semana da Ciencia, este centro escolar pretende achegar a ciencia dun xeito eminentemente práctico ao alumnado e crear nos xoves unha semente de curiosidade e investigación. Parabens para o Colexio Compañía de María de María de Ferrol