O día 23 de xaneiro a Real Academia Galega de Ciencias celebrará un acto importante.

20/01/2019

O acto terá lugar ás 19:00 horas no Pazo de San Roque, rúa San Roque, 2 e nel procederase:

A Toma de Posesión da nova Xunta Directiva,

A entrega dos Premios de Investigación Ernesto Viéitez 2018 e

A Apertura do Curso Académico 2019, na que a Lección Maxistral correrá a cargo do Prof. Dr. D. Juan José Nieto Roig, que falará sobre Novas tendencias en investigación.