O día 6 do próximo mes de Maio o Prof. Dr. D. Pedro Merino Gómez ingresará na Real Academia Galega de Ciencias

15/04/2015

O acto de ingreso terá lugar as 7 da tarde no Salón de Actos do Pazo de San Roque, Rúa de San Roque, 2, en Santiago de Compostela. O Prof.  D. Pedro Merino Gómez, é Doutor Enxeñeiro Industrial, Catedrático de Universidade do Departamento de Ciencia e Enxeñaría de Materiais na Universidade de Vigo, actualmente Profesor Emérito. É un auténtico experto en Materiais metálicos e Tratamentos anticorrosión. Dentro dun curriculum científico técnico moi amplo e brillante, hai que destacar a súa conexión co  sector produtivo e a  súa experiencia na xestión da I+D+i de Galicia.