O día 9 de maio próximo a Profa. Dra. Da. Pilar Bermejo Barrera ingresará na RAGC como Académica Numeraria.

23/04/2018

A Profa. Dra. Da. Pilar Bermejo Barrera é Catedrática de Química Analítica na USC e actualmente ocupa o cargo de Decana da Facultade de Química. A Profa. Bermejo completou a súa formación na Universidade de Plymouth (UK) e é a Investigadora principal do Grupo de investigación “Elementos Traza, Espectroscopía e Especiación”. Ten un curriculum investigador extenso e brillante e leva a cabo interesantes actividades encamiñadas a mellorar a percepción social da Química. Foi coordinadora do Programa Piloto ECTS de ERASMUS na área de Química. Ademais Coordina a rede ECTN (European Chemistry Thematic Network) e o programa TASSEP ( Transatlantic Science Student Exchange Programme).